O proxecto de investigación “A reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia: instrumento constitucional para o autogoberno útil”, pretende indagar sobre as posibilidades abertas a unha eventual reforma do Estatuto de 1981, atendendo a tres campos: os límites constitucionais da reforma, á luz da mais recente xurisprudencia sobre a materia o institucional e territorial, o competencial.
O grupo de investigación reúne a constitucionalistas das Universidades de A Coruña e Vigo e está integrado por un IP, Santiago Roura, e máis por dous Catedráticos de Dereito Constitucional da UDC, os Profs. Drs. Portero Molina e Ruipérez Alamillo, e polas Profas. Dras. da UVIGO Bergareche Gros e García Gestoso.
Esta web concíbese como plataforma de bidireccional de xestión de contidos relacionados co proxecto, xa se tratar de produtos da investigación ou de materiais alleos relacionados con ela. Convidamos a todas as persoas interesadas, de dentro e fora da Universidade a utilizar este instrumento para reflectirmos colaborativamente sobre o futuro da norma institucional básica de Galicia.